CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Pazo de Sober acollerá este sábado un concerto do guitarrista Luis Alejandro García

A actuación está organizada polas Xuventudes Musicais da localidade en colaboración co Concello no marco do ‘Ciclo Música no Outono’

O guitarrista Luis Alejandro García.

 

Este sábado 19 de outubro o Patio de Cristal do Hotel Pazo de Sober acollerá un concerto do guitarrista Luis Alejandro García.

A actuación, que comezará ás 19h. enmárcase no “Ciclo Música no Outono”, organizado polas Xuventudes Musicais da localidade en colaboración co Concello de Sober.

Con máis de 20 premios nacionais e internacionais no seu haber, Luis Alejandro García (Tenerife, 1993) “é un dos guitarristas españois máis laureados da súa xeración”, aseguran dende o concello soberino. Alzouse con Primeiros Premios en certames como o Concurso “José Tomás – Villa de Petrer” (2019) ou o Primer Premio e Premio del Público en el Festival Internacional de Guitarra de Coria (2019). Deu concertos e impartiu masterclass por gran parte da xeografía española, Alemaña, Austria, Estados Unidos, Andorra, Chile ou Arxentina, e colaborou con diferentes orquestras, como a OST ou a OSLP. É compoñente de Canary Guitar Quartet, co que foi premiado internacionalmente, ademais de publicar o seu primeiro traballo discográfico, 21.

Os vindeiros compromisos do músico inclúen xiras en Estados Unidos, Brasil, Arxentina, México ou gran parte de Europa, como artista EuroStrings 2019-2020, así como o seu debut no Palau da Música Catalá o no Teatro Monumental xunto á ORTVE.

 

Artigos relacionados

Back to top button