ConcellosO BarcoÚltima hora

O peche da igrexa de Santa Rita, ante o perigo de que caia o teito, obriga a celebrar as misas do Barco en San Mauro

 

Dende o pasado 11 de febreiro, día da Virxe de Lourdes, a igrexa de Santa Rita, no Barco de Valdeorras, permanece pechada aos cultos. O motivo, as goteiras que se formaron no interior do templo e que reblandeceron as placas de parte do falso teito. Por iso, ante o perigo de que poidan caer, procedíase ao peche da igrexa aínda que tal como explica o párroco, Tomás Rodríguez Carbajo, manteñen as portas abertas (cunha cinta cruzada para impedir o acceso) para favorecer o secado. “Tamén quitamos as imaxes e estamos á espera de que veñan os técnicos a evaluar o estado do tellado co cal o peche vai para longo poque o tempo tampouco acompaña moito”, di o sacerdote.

 

Horarios das misas en San Mauro.

 

A de Santa Rita era a única parroquia da localidade do Barco que mantiña a actividade dende o inicio da pandemia, xa que a amplitude do templo facilitaba o cumprimento das normas de seguridade anticovid, especialmente a distancia social, pero ante esta situación, os cultos tiveron que trasladarse á parroquia de San Mauro. Alí celébrase agora a misa, ás 19 horas pola semana; e ás 12:30 e 19 horas os domingos e festivos.

Fotos. A.R.

Artigos relacionados

Back to top button