EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O Pedrazáis godello de Alan de Val, distinguido nos premios Atlantic

Facíase co segundo premio na categoría viños madurados deste concurso, celebrado en Cangas de Narcea

 

Nos premios Atlantic, o I Concurso de Viños Atlánticos, que se celebraban do 19 ao 22 de setembro en Cangas de Narcea (Asturias), resultaba distinguida unha marca valdeorresa. Trátase do Pedrazáis Godello da adega ruesa Alan de Val. Este viño de finca, 100% Godello criado sobre lías finas durante 3 meses, lograba o segundo premio na categoría viños madurados.

“É o único viño de Valdeorras en obter unha distinción no concurso, no que participaron máis de 120 viños de adegas de País Vasco, Cantabria, Asturias, León, Galicia, Huelva, Cádiz e Canarias, así como de Portugal, sur de Inglaterra ou as rexións francesas de Bordeus e País do Loira”, tal e como se informa dende a adega.

Pedrazáis Godello, é un viño procedente da finca do mesmo nome, na que se sitúa a adega Alan. “Como o seu nome indica é un terreo de pedras. Isto e a altitude na que está situada, xunto coa antigüidade da viña, que foi plantada fai uns 35 anos e esa continua brisa que corre, outórganlle ao viño singularidade e diferenciación, unha gradación idónea e unha moi boa acidez”, indica Joaquín Sánchez, presidente de Adega Alán.

Os membros do xurado eran catadores de restaurantes con estrela Michelín e destacaban que os viños participantes, sáense do habitual. “Un xurado composto de catadores é un xurado que entende á perfección os gustos do consumidor final”, asegura Joaquín Sánchez.

Artigos relacionados

Back to top button