CulturaCulturaÚltima hora

O Peliqueiro de Laza tamén leva mascarilla

Foto: Turismo de Laza.

 

Este venres 22 de xaneiro tería que ser Venres de Folión en Laza. O primeiro para o Entroido 2021, pero dada a situación os veciños tiveron que conformarse con escoitar o son dos chocos dende as súas casas, co cheiro do fachóns dende os seus sillóns e coa cinza botada dende as fiestras para purificar as rúas.

Dende Turismo de Laza lembran que máis que nunca hai que ter “sentidiño”, porque os lazanos e lazanas xa saben que o seu “é sentimento”. E para demostralo, a careta de Peliqueiro que está subindo á Picota polo Outeiro aparecía cunha mascarilla negra.

Artigos relacionados

Back to top button