DeportesÚltima hora

O Peña Trevinca Barco comeza en Alacante a súa participación na liga nacional de orientación

Yevheniya Chystyakova (F-21 A) era segunda na carreira de Longa Distancia e cuarta na de Media Distancia

Yevheniya Chystyakova.

 

Marcada pola intensa calor da fin de semana estivo a participación do Club Peña Trevinca Barco na primeira proba da Liga Española de Orientación disputada en Santa Pola (Alacante).

Tal como explican dende o club barquense, na mañá do sábado 12 de xuño disputábase a proba de Media Distancia na que a orientadora Yevheniya Chystyakova conseguía un cuarto posto na categoría F-21 A. Pola súa banda, Iván Ramos terminaba no posto 16° “por mor dunha caída na que se viu resentido o seu xeonllo”, explican. Pola tarde, tocáballe o turno á proba Sprint na localidade de Guardamar do Segura na que o corredor Iván Ramos conseguía un meritorio 6° posto na categoría M-21 B, tendo en cuenta as molestias que arrastraba no xeonllo polo golpe durante a carreira da mañá.

 

Iván Ramós.

 

Na xornada do domingo, de novo no cabo de Santa Pola, disputábase a carreira de Longa Distancia na que Yevheniya Chystyakova lograba o segundo posto en F-21 A mentres que Iván Ramos terminaba en 18° lugar.

Dende o club aseguran que “o terreo e a climatoloxía xogaron un papel fundamental nas carreiras desta fin de semana”, adiantando que o vindeiro sábado Mailén e Pablo Aller participarán no Campionato de España na modalidade de Ou-Precisión en Rota (Andalucía). E ao día seguinte, domingo 20 de xuño, Remedios Durán e Francisco Camba participarán na proba portuguesa de City Race de Viana do Castelo. “Aos poucos, a actividade de orientación vai volvendo á normalidade e os ourensáns van participando a nivel nacional e internacional”, conclúen ilusionados dende o Peña Trevinca.

Artigos relacionados

Back to top button