DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Peña Trevinca Barco participará o vindeiro sábado na última proba da liga galega de orientación, en Rairiz de Veiga

As xoves promesas do club valdeorrés lucíronse no campionato ibérico feminino de orientación en Aveiro (Portugal)

O vindeiro sábado 6 de outubro a partires das 10:30h.comezará o V trofeo Limiactiva de orientación a pé, que organiza a Asociación Deportiva Limiactiva, a 8ª e derradeira proba da liga galega.

Despois de dous anos celebrándose no Monte de Baronzás (Xinzo de Limia), o trofeo regresa ao mapa de A Saínza en Rairiz de Veiga con percorridos oficiais e de iniciación, e alí decidiranse moitos podios.

Tal como adiantan dende a organización, esta prevista a participación de máis de 250 orientadores de todas as categorías. Entre eles, non faltarán membros do Club Peña Trevinca Barco que non deixan de asistir a probas nacionais e internacionais.

A última tiña luga a pasada fin de semana na localidade portuguesa de Vagos (Aveiro). No campionato ibérico feminino de orientación participaban dúas xoves promesas barquenses: Cristina Neta Pérez e Mailén Aller Pfirter. Cristina participou na categoría D-16 e logrou a 17ª praza, mentres que a pequena Mailén facíase co primeiro posto en D-12 ao gañar a última proba do domingo (distancia longa). Eros Álvarez (H16) e Pablo Aller (H45) tamén participaron nas pruebas, pero sen puntuar para o campionato.

Fotos cedidas.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button