Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

O Peña Trevinca Barco remata en Murcia a tempada 2021 de orientación a pé

Os orientadores do Peña Trevinca, en Murcia.

 

Na Alhama de Murcia remataba o Club Peña Trevinca Barco a tempada 2021 de orientación a pé. Ata alí se desprazaba na pasada fin de semana, a delegación barquense, para participar no 33º Trofeo Costa Cálida de Orientación, última proba da liga nacional.

Tal como explican dende o club, os participantes tiveron que facer fronte a uns mapas e terreos esixentes e dun gran nivel técnico no que estiveron presentes o bo tempo e o calor.

En canto aos resultados do Peña Trevinca, destaca o 4º posto de Yevheniya Chystyakova en F21 A na carreira de distancia longa. Na carreira sprint, Mailén Aller era 5ª na  categoría F14 e Iván Ramos era 7º na categoría M21.

 

Pablo Aller durante a carreira.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button