EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

O Pendón de Manzaneda, incluído na lista de servizos esenciais feita pública polo Goberno

O aloxamento turístico poderá atender, en caso de necesidade, a sanitarios e Corpos de Seguridade do Estado

O Pendón (estrada Manzaneda-Raigada).

 

O 23 de marzo, o Ministerio de Trasportes, Mobilidade e Axenda Urbana publicaba a orde pola que se declaran servizos esenciais a determinados aloxamentos turísticos. A orde recollía un listado de 370 aloxamentos turísticos repartidos por todo o territorio nacional que se manterán pechados ao público en xeral, pero “deben permitir o aloxamento de aqueles traballadores que realicen labores de mantemento, asistencia sanitaria, reparación e obras, subministro e transporte de servizos esenciais”, segundo o texto. Unha semana despois, o 30 de marzo, o Ministerio publicaba unha modificación da lista, na que se incluía ao Hostal O Pendón de Manzaneda, o único no oriente ourensán.

“A nós quen non chamou foi Turismo, para dicirnos que había que pechar e preguntarnos que queriamos facer e nós dixémoslle non nos importaba estar abertos para persoal sanitario ou forzas de seguridade (exército,…), en caso de necesidade”, explica José Luis Álvarez, asegurando que xa se puxeron en contacto con eles os da UME para saber da dispoñibilidade en caso de que teñan que vir por esta zona. “Nos vimos que noutros sitios había hostais que se poñían a disposición de Sanidade, e ao preguntarnos dende a Xunta ofrecímonos, porque se podemos aportar o noso gran de area farémolo. Eu o que non quero é saltar ningunha norma pero dentro da legalidade, no que se poda hai que axudar”, asegura José Luis, desexando que acabe pronto “esta odisea”.

A lista de aloxamientos turísticos declarados servizo esencial inclúe un total de 10 establecementos na provincia de Ourense. Ademais do Pendón, hai en Verín, na Gudiña, en Xinzo de Limia, en San Cibrao das Viñas, en Celanova, en Boborás e en Ourense cidade.

 

 

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button