OurenseÚltima hora

O penúltimo concerto do grupo Tequila será o 22 de novembro en Ourense

Xa se poden reservar entradas para o concerto rock que se celebrará no Auditorio

 

O público que desexe ver en directo ao grupo rock Tequila o próximo día 22 de novembro en Ourense xa pode reservar no sitio web Ataquilla.com as entradas, totalmente gratuítas, para o concerto que se celebrará no Auditorio municipal a partir das 22 horas, coa apertura do recinto trinta minutos antes do inicio do espectáculo.

O concerto de Tequila forma parte do programa de actividades que se desenvolverán do 19 ao 23 de novembro con motivo da Mobile Week Ourense, un espectáculo no que a música e a tecnoloxía permitirán crear un evento interactivo, onde o público poderá expresar e compartir as súas emocións e experiencias en tempo real a través dunha pantalla e do hashtag #saltaconmigoOurense.

Tequila non abandoará os escenarios sen actuar por primeira vez en Ourense, xa que o espectáculo que ofrecerá no Auditorio será o seu penúltimo concerto en España, dentro da xira Adiós Tequila Tour que a banda rematará dous días máis tarde, o mércores 24, Wizink Center de Madrid.

 

Artigos relacionados

Back to top button