CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O peregrino valdeorrés chega a Arzúa

Publicidade

 

Con case 30 quilómetros, a que vai dende Palas de Rei ata Arzúa, pasando da provincia de Lugo á da Coruña, é unha das etapas máis longas do Camiño de Santiago que o peregrino valdeorrés completaba na xornada deste xoves 14 de outubro.

 

 

Como nos días anteriores, a mañá era fría pero “hoxe non temos niebla, polo que o día despunta pronto facendo a andaina con máis luz”, explica o camiñante, engadindo que en San Xulián un señor estaba recibindo aos peregrinos tendo a igrexa aberta e selando as credenciais, antes de “seguir disparados hacia Melide onde saúdannos os omnipresentes muíños no bico da serra, polo que no podo evitar que me veña á cabeza do que escribiría Don Miguel de Cervantes si pudera velos”.

 

 

É de destacar que por todos os pobos importantes do Camiño hai esculturas alegóricas de motivos peregrinos que animan o camiñar e esta etapa non é unha excepción. “Ben poderiamos imitalos en Valdeorras e ir adornando o noso Camiño de Inverno pra facer máis agradable o seu percorrido”, di.

 

 

Chegando a Melide os peregrinos acomódanse buscando unha tapa de polbo antes de chegar a Boente onde o sancristán lle comenta ao camiñante valdeorrés que nesa igrexa “no tempo da pandemia de 1918, por dous anos fíxose meta do Camiño por estar Santiago cerrado”.

 

 

Finalmente, a un paso despois de dúas costas “bastante de primeira división”, o peregrino chega a Arzúa onde, trala misa desfruta do ambiente popular, amosando unha vez máis a súa peregrinación a través das imaxes que aquí publicamos.

 

Fotos ceidas.

Artigos relacionados

Back to top button