En portadaÚltima hora

O Periódico O Sil edita un póster do C.D. Viana

Vai no interior do número de novembro que xa se pode mercar en quioscos e librarías

Fragmento da información publicada no numero de novembro de O Sil Deportivo.

 

O 5 de xuño cumpríanse 45 anos da inscrición do C.D. Viana na Federación provincial de fútbol. Catro décadas de historia que atesoura un sinfín de vicencias, bos e malos momentos polos que pasaron centos de xogadores e diferentes directivas, co principal obxectivo de manter viva a ilusión polo fútbol en Viana do Bolo.

 

 

No número 251 de O Sil Deportivo que vén saír á rúa, incluímos (entre outros moitos artigos) información sobre a traxectoria do club vianés que actualmente milita na segunda Galicia, así como un póster a toda cor co plantel desta tempada 2019/ 2020.

Quen desexe facerse con el pode atopalo en quioscos e librarías dentro do número de novembro do Periódico O Sil.

 

Portada do número de novembro de O Sil Deportivo adicada á San Martiño.

Artigos relacionados

Back to top button
Close