CulturaCulturaÚltima hora

O Periódico O Sil, no libro de Méndez Ferrín “Arraiano entre arraianos”

Portada do libro “Arraiano entre arraianos”.

Partindo da premisa de que “ser arraiano non é o mesmo que ser fronteirizo, trátase dun sentimento que tampouco ten nada que ver co chamado reintegracionismo”, Arraiano entre arraianos recolle unha selección de colaboracións xornalísticas de Xosé Lois Méndez Ferrín no Faro de Vigo, dende o ano 1994 ata o 2016. Unha escolma de artigos que cruzan límites e fan viaxar ao lector polas raias secas e as molladas, “coma silandeiros lobos arraianos que transitan polos lindes e os interticios dun mundo máxico e fuxidío, desfronteirizando a vella Gallaecia”, tal como explican dende a editorial.

 

Artigo que fala do Periódico O SIl.

Escollidos polo berciano Francisco Macías, nestes textos, Ferrín fala de historia (do Couto Mixto, da Gallaecia,…); de lugares como os montes do Leboreiro, a Serra da Enciña da Lastra (Rubiá) ou o Bierzo; de tradicións como as Treboadas; pero tamén de persoeiros da literatura galega como Celso Emilio Ferreiro; e de proxectos culturais e informativos como o do Periódico O Sil. Preto de 70 artigos, “só aptos para libertarios e contrabandistas da palabra, sen medo a cruzar fronteiras, só para os que saben que é na raia onde sempre acontece o interesante”, aseguran dende a editorial.

Artigos relacionados

Back to top button