En portadaÚltima hora

O Periódico O Sil pon na rúa o “Especial Festas do Cristo” do Barco

Ao longo de case 50 páxinas este monográfico achega os diferentes actos do programa

Un setembro máis, como vén facendo dende hai xa 23 anos, o Periódico O Sil acaba de poñer na rúa un amplo monográfico dedicado ás Festas do Cristo 2019 no Barco. Pode atoparse en quioscos e librerías.

Ao longo de medio cento de páxinas este número especial fai un percorrido amplo e pormenorizado polas diferentes propostas do programa desta celebración, que terá lugar do 13 ao 16 de setembro, se ben na fin de semana anterior, a do 7 e 8 de setembro, haberá xa actividades previas como un salón gastronómico ou a inauguración do festival de instalacións artísticas enBarcArte.

Así neste monográfico damos conta dos cultos relixiosos, coa referencia central do 14 de setembro na que a imaxe do Nazareno percorrerá O Barco; tamén das propostas lúdicas, musicais ou deportivas, con eventos de especial interese como o Descenso Internacional do Sil que cumpre 53 anos ou a Milla Urbana, con trinta e tres edicións ás súas costas, entre outros.

Ademais diso abordanse diferentes aspectos da actualidade municipal con reportaxes e entrevistas, así como coas aportacións dos nosos colaboradores.

Artigos relacionados

Back to top button