DeportesÚltima hora

O período de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais da Rúa estará aberto ata o 29 de setembro

Previsiblemente o inicio das clases será o 1 de outubro

 

Fútbol, atletismo, tenis, multideporte e ximnasia de mantemento. Son as disciplinas que se imparten nas Escolas Deportivas Municipais da Rúa cuxo período de inscrición estará aberto ata o 29 de setembro.

Tal como avanzan dende o ente local, ditas inscricións realizaranse na Casa do Concello de luns a venres de 9 a 14 horas e o pago farase en dúas veces: unha no momento de matricularse e outra no mes de febreiro.

En principio, as clases darán comezo o 1 de outubro pero “a data poderá ser obxecto de modificación se a situación sanitaria así o esixe”, adiantan dende o Concello, incidindo en que “unha vez comezadas as actividades, estas poderán ser suspendidas a causa da pandemia”. Con todo, cada actividade, así como a instalación na que se desenvolva, contarán cun protocolo de medidas e normas fronte ao Covid que será de coñecemento e obrigado cumprimento para todos os usuarios.

 

Artigos relacionados

Back to top button