DeportesÚltima hora

O período hábil de caza do xabarín estenderase dende o 22 de agosto deste ano ata o 28 de febreiro de 2021

Como en anos anteriores, considéranse días hábiles de caza con carácter xeral os xoves, domingos e festivos tanto estatais como autonómicos

Can de caza.

 

Xa está publicada no DOG a resolución pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies para a tempada 2020/2021. Unha norma elaborada pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural (Consellería de Medio Ambiente) co  obxectivo de regular tamén, entre outros aspectos, “as especies sobre as que se poderá exercer a práctica cinexética, os métodos autorizados e as limitacións xerais ou particulares que afectarán ao exercicio desta actividade na comunidade”.

Segundo o establecido na resolución, a vindeira tempada de caza abranguerá desde o 1 de agosto deste ano ata o 31 de xullo do 2021, establecéndose como período hábil xeral para exercer a actividade o comprendido entre o 18 de outubro deste ano e o 6 de xaneiro do próximo, ambos incluídos. Así mesmo, como en anos anteriores, considéranse días hábiles de caza con carácter xeral os xoves, domingos e festivos tanto estatais como autonómicos.

Unha das novidades da nova tempada é que permanecerán abertos durante todo o ano na sede electrónica da Xunta os procedementos administrativos para solicitar a aprobación do plan anual de aproveitamento cinexético e a renovación do plan de ordenación cinexética, simplificando e posibilitando ademais a súa presentación naqueles casos de creación de novos espazos de réxime cinexético especial.

En canto ao xabarín, posibilítase para aqueles terreos de réxime cinexético especial que non teñan cuberta a cota de capturas aprobada para a tempada 2020/2021 a caza desta especie nos axexos de corzo que teñan aprobados no correspondente plan anual de aproveitamento desde o 1 de abril ata o 31 de xullo de 2021. Así mesmo, no caso dos tecores, permítese a caza do xabarín na superficie destinada a zonas de adestramento de cans e aves de cetraría que teñan aprobadas nos seus plans de ordenación cinexética.

En canto ao período hábil de caza deste animal, estenderase desde o 22 de agosto ata o 28 de febreiro de 2021, o que supón manter practicamente sen cambios o do ano pasado, cando xa se acordara co sector ampliar en case un mes a tempada do xabaril ante a sobreabundancia da especie.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button