DeportesÚltima hora

O período hábil para a caza do xabarín prolongarase durante un mes máis que o ano pasado

Comeza mañá, 24 de agosto, e non rematará ata o 29 de febreiro de 2020

Xabaríns.

 

A tempada oficial de caza para o xabarín abrirase mañá, 24 de agosto, e prolongarase ata o vindeiro 29 de febreiro de 2020, un mes máis que o ano pasado. A ampliación do período hábil para poder cazar esta especie en Galicia é unha das principais novidades da actual tempada cinexética e responde a “unha proposta realizada polo propio sector no seo do Comité Galego de Caza como medida de control poboacional ante a sobreabundancia de exemplares detectada na comunidade”.

Así consta na resolución publicada o pasado 31 de maio e pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies que rexerán durante a tempada 2019/2020, entre outros aspectos relacionados co exercicio desta actividade en Galicia. Segundo o réxime especial aprobado no caso do xabarín, durante o período hábil para os terreos de réxime cinexético especial poderá cazarse os xoves, sábados, domingos e festivos. En canto aos terreos de réxime cinexético común, o prazo fixado estenderase desde mañá ata o 31 de agosto e do 7 de xaneiro ata o 29 de febreiro do próximo ano todos os xoves, sábados, domingos e festivos; e do 1 de setembro ao 6 de xaneiro de 2020, unicamente os sábados.

Por outra banda, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda “poderá seguir autorizando de forma puntual medidas de control por danos causados polo xabarín”, unha posibilidade prevista na Lei de Caza de Galicia co fin de “reducir os danos producidos por esta especie silvestre polo que a Xunta tramita solicitudes de batidas ao longo de todo o ano”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close