SanidadeÚltima horaVídeos

O persoal do Centro de Saúde do Barco edita un vídeo de agradecemento

 

O persoal sanitario, que loita en primeira liña contra o Covid-19, é un dos destinatarios dos aplausos que a poboación emite cada día ás oito da tarde, e tamén de moita axuda por parte da sociedade como sinal de agradecemento. Pero desta volta son os sanitarios os que dan as grazas.

O persoal do Centro de Saúde do Barco de Valdeorras vén emitir un vídeo de agradecemento “para todos o que quedades na casa, para os que tedes que ir traballar, para os que saídes a aplaudir,… grazas por coidar de nós e polo voso agarimo. Grazas por quedar na casa”, din a través de pancartas.

Un bonito e animado vídeo con música de Cold Play de fondo, no que non faltan os agradecementos ás empresas e particulares, institucións, forzas de seguridade,… pola súa “colaboración desinteresada”.

 

Artigos relacionados

Back to top button