EconomíaEconomíaSoberÚltima horaViticultura

O persoal do Servizo de Axuda no Fogar de Sober e Protección Civil estrean o “Enoturismo para heroes”

Trátase dunha iniciativa promovida pola adega Regina Viarum, da Ribeira Sacra

 

As primeiras persoas en participar na iniciativa “Enoturismo para heroes”, promovida pola adega Regina Viarum da Ribeira Sacra, son o persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Sober e tamén os efectivos de Protección Civil deste municipio.

Nesta mañá de sábado visitaban a adega acompañados polo alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, quen agradece e recoñece “o xesto da adega” ante o “enorme traballo que levan feito estes profesionais desde que se decretou o estado de alarma”.

A bodega soberina pretende con esta campaña agradecer o esforzo dos sanitarios e outros profesionais que loitaron contra a pandemia e axudaron a aqueles que o necesitaron. Dende o Concello de Sober tamén se manifesta un “grazas enorme para todos eles”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button