OurenseÚltima hora

O persoal do Servizo de Cociña leva o magosto aos traballadores do Hospital Universitario de Ourense

A cidade de Ourense celebrou hoxe, 11 de novembro, o San Martiño, con música pero sen os magostos populares

 

A situación sanitaria marcada polo coronavirus impedía que a cidade de Ourense celebrara hoxe, mércores 11 de novembro, os actos propios do San Martiño, patrón da capital ourensá, centrados no tradicionais magostos populares nos diferentes barrios así como o municipal que nos últimos anos se celebraban no do parque Barbaña.

Con todo, aínda que a poboación non se pode xuntar, no Hospital Universitario de Ourense celebraban o seu particular magosto. O persoal do Servizo de Cociña quixo contribuír a facer máis levadeiro o traballo neste día tan especial, repartindo castañas asadas entre todo o persoal do hospital, “para pensar nos magostos que virán, de novo coa familia e os amigos”, aseguran dende o Sergas en Ourense, dando unha vez máis “as grazas a todos os que estades a coidarnos”.

Artigos relacionados

Back to top button