A segunda fase da vacinación contra o Covid do persoal sanitario de primeira liña comezaba na xornada de onte coa administración da segunda dose, que “garantirá a inmunidade ao 95% dentro dunha semana”, segundo Sanindade. Tanto profesionais de Atención Primaria como de hospitalaria recibían a segunda dose xusto 21 días despois de recibir a primeira.
No caso de Valdeorras, en torno ás dez da mañá deste xoves 4 de febreiro, procedíase á vacinación no Centro de Saúde do Barco, do persoal dos centros sanitarios da Rúa e de Petín.
Ata hoxe hai un total de 1.839 profesionais dos centros sanitarios coas dúas doses. Mañá continúa, de mañá e de tarde a vacinación no Hospital de Ourense dos de primeira liña. “Todos os profesionais de Primaria evacinados”, aseguran dende o Sergas, engadindo que a vindeira semana arranca a fase dous coa vacinación do resto de profesionais dos hospitais.