CulturaCulturaÚltima hora

O “Petí comité” de Teresa Nieto, no Teatro Principal de Ourense

O espectáculo da bailarina e coreógrafa será o 18 de outubro ás 20:30h
Teresa Nieto en "Petí comité".
Teresa Nieto en “Petí comité”.

O sábado 18 de outubro, o Teatro Principal de Ourense acollerá o espectáculo “Petí Comité” de Teresa Nieto en Compañía.

A partires das 20:30h. a bailarina e coreógrafa presentará na cidade das Burgas un dos seus múltiples traballos de danza. Nesta montaxe seis bailaríns da compañía Teresa Nieto (Daniel Doña, Melania Olcina/Vanessa Medina, Ruth Muelas/Sara Cano e a propia Teresa Nieto), interpretan seis pezas curtas independentes, que se engloban dentro da mesma proposta e concepto estético, destacando a importancia da luz como outro intérprete máis.

Cada peza baséase nun concepto distinto, “seis pequenos poemas elaborados con luz e carne, seis búsquedas, seis desexos, seis emoción, seis encontros, seis estados, seis vivencias, seis relacións. Seis evanescencias que espero lembres” en palabras da propia Nieto.

A venda anticipada de entradas para a función está dispoñible a través de www.teatroprincipalourense.com / www.entradas.abanca.com e do teléfono 902434443. Na taquilla do teatro os días 17 e 18 de outubro de 12h. a 14h. e dúas horas antes do inicio da función. O prezo das localidades é de 15€ (butaca, platea, 1º andar) e de 13€ (2º andar, paraíso e VR).

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close