CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O pianista trivés Fabio Álvarez celebra o día da patroa dos músicos cos alumnos de Trives e Manzaneda

Impartía unha charla no auditorio Julio Vázquez, intercalada con interpretacións ao piano

Con motivo da celebración de Santa Icía, patroa dos músicos, neste 22 de novembro, o pianista trivés Fabio Álvarez impartía unha conferencia moi especial na súa vila coa asistencia do alumnado do IES Xermán Ancochea Quevedo e do CEIP Plurilingüe Manuel Bermudez Couso (ambos da Pobra de Trives) e co do CEIP de Manzaneda.

Este intérprete, que na actualidade reside nos Estados Unidos, recibía aos estudantes no Auditorio Julio Vázquez para contarlles a súa experiencia e traxectoria no mundo da música. Aproveitando a súa visita a España para presentar o seu novo traballo discográfico, achegouse ata Trives e quixo compartir e festexar esta data tan significativa cos nenos e nenas dos centros de ensino da comarca onde el estudou.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button