AutomobilismoDeportesÚltima hora

O piloto barquense alevín Leo Pérez volve á competición galega de karting

Correrá o domingo 19 de xullo a segunda proba do calendario autonómico en Forcarei

Leo Pérez no circuíto da Madalena (Forcarei), onde competirá este domingo./ Foto cedida.

 

Quedan apenas uns días para que o piloto barquense alevín Leo Pérez Pereira (Seijo Kart) volva á competición, algo que leva desexando durante semanas. O vindeiro domingo 19 de xullo, retomarase o calendario galego de karting no circuíto da Madalena en Soutelo de Montes (Forcarei, Pontevedra). Alí disputarase a segunda cita do calendario autonómico, que quedaba en suspenso pola crise do Covid.

Na primeira das probas, celebrada o 8 de marzo, o piloto barquense facíase coa vitoria na primeira carreira (semifinal), cun tempo de 10:34.753, mentres que final quedaba segundo. A suma das dúas situábao de líder da clasificación.

 

 

“Estamos moi ilusionados. Este é o seu primeiro ano como alevín e vémolo como unha tempada de aprendizaxe, pero é certo que, tras a primeira proba, Leo está de líder e nos adestramentos que fixemos no circuíto ten o mellor tempo de todos. El está con moitas ganas e todo o que sexa quedar no podio será un logro”, explica Julio Pérez, pai deste xove piloto.

Así Leo Pérez sairá á pista dentro dunha semana con obxectivos de podio para tratar de manterse na cabeza da clasificación alevín galega de karting.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close