DeportesEnduroÚltima hora

O piloto barquense Jorge Paradelo, no Enduro GP de Francia

Lograba a cuarta praza no Open 4S coa súa Husqvarna

 

Co cuarto posto no Open 4S remataba o piloto barquense Jorge Paradelo a súa participación no Mundial de Enduro GP de Francia, disputado na fin de semana do 18 ao 20 de setembro en Réquista.

 

Jorge Paradelo no Enduro GP de Francia.

 

Tal como el mesmo conta a través das redes sociais, na Súper Test do venres fixo un P6, “sabendo que tiña ritmo para estar máis arriba, pero faltábame confianza”, asegura. Xa na carreira, na xornada do sábado, non daba atopado o ritmo chegando a un P5, “que acabou sendo un P6 debido ao minuto que me penalizaron porque o meu transponder “non pasou” polo Finish (malia pasar con máis pilotos que afirmaban que pasara con eles e facer o escrito”, conta Paradelo, asegurando que na xornada do domingo rodou moito máis cómodo. “Na segunda crono xa ía 3º, pero tres caídas nunha das cronos fixéronme baixar varios postos e só puden recuperar ata o P4”.

Fotos: Facebook Jorge Paradelo #69

Artigos relacionados

Back to top button
Close