AutomobilismoDeportesÚltima hora

O piloto barquense Leo Pérez arrasa no Campionato Social de Inverno de karting Castroponce

 

Neste 21 de febreiro o piloto barquense de karting Leo Pérez Pereira amosaba o seu talento deportivo no Campionato de Inverno de Castroponce (León), no que se impoñía claramente tanto na categoría alevín como na X30Mini, que disputaban unha única carreira.

“Comezaba a semifinal e na primeira curva, tras un toque cun rival Leo saíase da pista e volvía entrar na última posición, pero lograba acabar segundo. E, xa final, saía segundo e remataba a carreira na primeira posición. Arrasou, foi incrible. Chovía moitísimo e deu un auténtico recital en auga”, destaca Julio Pérez, pai do piloto.

Nesta proba Leo Pérez, que competía aínda co seu antigo kart, contaba co apoio de Roberto Lindoso e co asesoramento de Javier Modroño. “A regularidade e constancia que mantén Leo só sae de adestrar e da súa calidade. En seco todos os pilotos son moi rápidos, pero en auga vese a calidade, dá igual o material e o motor que leves, o que vale é o talento”, asegura Julio Pérez. Non en van, engade, o referente deste xove piloto barquense é Ayrton Senna, “o rei da auga”.

Fotos cedidas.

 

O piloto barquense, Leo Pérez, no podio./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button