AutomobilismoDeportesÚltima hora

O piloto de Suzuki Javier Pardo, campión europeo de rallye ERC2

O allaricense era recibido hoxe polo presidente da Deputación de Ourense

Recepción a Javier Pardo na Deputación de Ourense.

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibía na mañá deste xoves 30 de decembro no Pazo Provincial ao piloto allaricense Javier Pardo, que vén de gañar o Campionato Europeo de Rallye na categoría ERC2 aos mandos dun Suzuki Swift R4LLY S, “nunha demostración do magnífico presente e prometedor futuro que ten este mozo ourensán no mundo do automobilismo”.

Manuel Baltar subliñou a condición de Javier Pardo como piloto oficial de Suzuki, “empresa coa que a Deputación, a través do Inorde, mantén desde hai anos unha alianza para promover a marca Ourense Termal en todos os campionatos nacionais e internacionais”. Neste sentido, engadiu, “o retorno da marca é evidente, máxime cando vai acompañada dun gran éxito deportivo como o conseguido por Pardo neste ano, gañando as seis probas do campionato”.

A Deputación de Ourense, destacou o presidente provincial, “ten no deporte un dos seus eixos estratéxicos, apoiando aos deportistas tanto desde o base como ata o máximo nivel e, como neste caso, a un piloto cunha carreira internacional consolidada”.

Artigos relacionados

Back to top button