DeportesEnduroÚltima hora

O piloto Eduardo Iglesias seguirá levando o nome de Galicia Calidade e do Xacobeo a nivel internacional

O deportista monfortino lograba rematar por terceiro ano consecutivo o motoRally Dakar

Recepción do conselleiro co piloto Eduardo Iglesias.

 

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantiña recentemente un encontro co piloto do Team Monforte Rally Eduardo Iglesias, a quen felicitou pola súa participación no Rally Dakar 2022, que logrou rematar por terceiro ano consecutivo, logrando nesta ocasión situarse na 78ª posición.

No encontro, o vicepresidente segundo trasladoulle ao deportista monfortino o apoio da Xunta para seguir levando en próximas competicións o nome de Galicia Calidade e do Xacobeo a nivel internacional, contribuíndo así á proxección exterior da Comunidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button