DeportesEnduroÚltima hora

O piloto valdeorrés Jorge Paradelo asegura en Portugal o 3º posto no mundial de enduro

Jorge Paradelo no terceiro chanzo do podio no primeiro día da última carreira do mundial de enduro, en Portugal.

 

Quería facer podio e lográbao. Na xornada deste sábado 14 de novembro, o piloto do Barco Jorge Paradelo volvía quedar entre os tres primeiros na carreira do GP Portugal celebrada en Marco de Canaveses, a última do campionato do mundo de enduro 2020.

Aínda lle queda o segundo pase que se celebrará mañá, domingo día 15, pero co terceiro posto no primeiro día, Paradelo asegura a terceira posición na clasificación xeral na categoría open na que compite, despois das boas carreiras que fixo en Italia, Francia e Portugal (o circuíto de Marco de Canaveses acollía tamén a carreira da pasada fin de semana substituíndo ao de Lalín onde se ía celebrar inicialmente a penúltima carreira do mundial).

Artigos relacionados

Back to top button