49 Rallye Ourense TermalDeportesÚltima hora

San Cibrao marca a saída do 49ROU cos primeiros tres kilómetros cronometrados

O piloto catalán Xevi Pons será o encargado de animar a gran festa do motor cunha exhibición inaugural a bordo dun Mitsubishi Lancer Evo X
Un piloto participante no tramo espectáculo de edicións anteriores do Rallye de Ourense.
Un piloto participante no tramo espectáculo de edicións anteriores do Rallye de Ourense.

O Rallye de Ourense-Ourense Termal comezará na tarde de mañá, 17 de xuño, co tradicional tramo espectáculo na Cidade do Transporte no polígono industrial de San Cibrao das Viñas. É algo que vén sucedendo dende o ano 2010 pero nesta ocasión virá con cambios en relación ás últimas edicións. O percorrido será máis longo e os afeccionados poderán disfrutar o dobre de tempo dos coches de competición, polo que se adianta o seu inicio unha hora con respecto ao 2015, pois arrincará ás 19:30 horas.

Plano da distribución dos espazos no polígono de San Cibrao, onde se levará a cabo o tramo espectáculo de mañá.
Plano da distribución dos espazos no polígono de San Cibrao, onde se levará a cabo o tramo espectáculo de mañá.

A especial disputarase integramente sobre asfalto cun percorrido de 3,33 km. É o máis longo dos disputados até o momento, nos seis anos que se leva levando a cabo. Pero a gran novidade para que sexa así é que os participantes darán case dúas voltas completas ao trazado previsto, polo que as saídas dos coches faranse cada dous minutos en orde decrecente ao da lista de inscritos. En canto ao deseño, modificouse o punto de partida pero mantense a chegada no mesmo lugar.

Ademais, como teloneiro da gran festa do motor, o 49ROU contará coa presenza do piloto catalán Xevi Pons, que deleitará ao público cunha exhibición inaugural a bordo dun Mitsubishi Lancer Evo X.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close