EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O pincho da Tapería Al Natural, o mellor da VII Ruta “O Barco vai de viños”

O resultado dábase a coñecer no mediodía do 27 de xaneiro, xusto antes do sorteo de catro ceas entre os participantes da ruta

Con 80 votos, o pincho da Tapería al Natural ten sido o mellor valorado polos participantes na VII Ruta “O Barco vai de viños”, que se celebraba cun gran éxito de público do 12 ao 22 de xaneiro. Tratábase dun “solombo ao doce e salgado” que, sen dúbida, conquistaba os padais das persoas que facían a ruta. Os resultados da votación dábanse a coñecer no mediodía do 27 de xaneiro por parte da vicepresidenta do Barco Centro Comercial Aberto (CCA), Ángeles Rodríguez, que tamén facía balance desta sétima edición da actividade, acompañada pola concelleira de Promoción Económica, Turismo, Comercio e Consumo do Barco, Irene Dacal.

“A maior parte dos hostaleiros superaron as súas expectativas de vendas, logrando un total de 9.989 pinchos entre os 20 establecementos participantes”. Asemade destacaba que entre os seis restaurantes do Barco que incluían o botelo na fin de semana do 21 e 22 de xaneiro servíanse 300 menús.

De seguido, procedíase ao sorteo de catro ceas para catro parellas entre as papeletas depositadas nas urnas da ruta polos asistentes á mesa. Para poder entrar ao sorteo as papeletas debían estar seladas nun mínimo de 5 establecementos da ruta e , polo menos, nun local de cada unha das tres zonas da ruta.

Os resultados do sorteo son os seguintes:

  • Cea para dúas persoas en “Cafetería Restaurante Fernando III”, doada por Distribuciones Roca: Senén Álvarez Martinez
  • Cea para dúas persoas en “Casa Galaica”, doada por Distribuciones Anger Valdeorras: Miguel López García
  • Cea para dúas persoas en “Pazo do Castro” doada por Exclusivas Morales: Pedro Crespo López
  • Cea para dúas persoas en “Piquiño Restaurante” doada por Bodegas D`Berna: Rocío Visuña Fernández

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Fotos: A. Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button