CulturaCulturaÚltima hora

‘Las modelos y el arte’, unha selección de obras do pintor rues Álvarez Domínguez “Lito”

O libro inclúe tamén obras (escultura, fotografía, cerámica,...) doutros artistas como Torino, Jacobo ou Rosa Faustina

 

 

A obra do artista rues José Manuel Álvarez Domínguez, familiarmente coñecido como Joselito “Lito”, non pasa desapercibida. As súas pinturas, normalmente de grandes dimensións, son coloristas e imaxinativas, de construcción minuciosa, de pincelada firme e meditada, cun selo persoal facilmente recoñecible.

De formación autodidacta, Lito teva pintando toda a vida e a finais de 2021 recollía nunha publicación parte desa extensa obra. Tal como el mesmo explica, Las modelos y el Arte é unha selección de obras de arte por orde cronolóxico e algo aleatoria á que quixo darlle o aspecto de guión “coma se dun filme ou novela se tratara”, acompañando ás pinturas con prosas e versos.

 

A portada do libro.

 

O libro comeza coa infancia “sendo Nerea a modelo destacada do grupo de nenos cos que traballei”, di Lito, pasando pola adolescencia en Nayara, Charo ou Nor; e a xuventude de Jennifer; rematando con Aurita. Mais á parte dos seus propios cadros, o artista tamén quixo deixar reflectida a súa relación con outros artistas, “a escultura de Torino, fotografía, Jacobo, pintura, Rosa Faustina e cerámica de Antonio Blanco,…” Característicos do Surrealismo son os maniquíes, aparecendo tamén paisaxes como Montederramo “un breve descanso nas miñas vacacións”, lembra, asegurando que nos textos, sen análises críticas ou técnicas, “reflicto o social”.

 

Lámina da páxina 3. ‘Xardín de rochas e violetas’. Detalle.

 

A publicación, impresa por Peymar artes gráficas conta coa colaboración en fotografía de Nuria Estévez, Noé Blanco Carracedo e Jacobo Remuñán.

 

Artigos relacionados

Back to top button