DeportesÚltima hora

O piragüista barquense Jesús Rodríguez, galardoado pola Federación Galega de Piragüismo

Recibirá este recoñecemento na gala que celebrará esta entidade deportiva en decembro. Tamén serán distinguidos nese acto o ourensán Mario Guede e o Descenso do Sil

Jesús Rodríguez competindo en K-2 no mundial de maratón de China./ Foto cedida.

 

Entre os homenaxeados pola Federación Galega de Piraguismo na gala de premios que organiza esta entidade neste ano 2019 estará o veterano padexeiro valdeorrés Jesús Rodríguez León do Club Fluvial Barco “polos seus grandes logros deportivos tanto a nivel nacional como internacional na presente tempada”, tal e como se informa dende a delegación en Ourense desta federación. Entre estes logros destaca a súa medalla de prata en K-1 veterano e o seu ouro en K-2 no mundial de maratón celebrado en China en outubro.

Os premios serán entregados na tarde do vindeiro 20 de decembro en Pontevedra. Nese acto tamén recibirá un recoñecemento o ourensán Mario Guede, “que ten xubilado este ano do seu posto de traballo do seu posto de traballo como xefe do servizo de Deportes da Xunta de Galicia na provincia de Ourense, polo seu apoio durante todos os seus anos á fronte desta xefatura de servizos, ao piragüismo provincial”, segundo a federación galega.

Outro galardón ourensán nesta gala virá da man do Descenso do Sil, que tal e como adiantaba hai uns días o Concello do Barco, rcibirá o premio á mellor regata organizada.

 

Artigos relacionados

Back to top button