DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O piragüista barquense Raúl Prada, prata en K4 no campionato galego infantil

Competía o 20 de xullo nesta proba autonómica na distancia de 1.000 metros en Verducido (Pontevedra)

Nova medalla no que vai de tempada para o piragüista barquense Raúl Prada Pérez, que viste as cores do Club Verducido-Pontillón e é adestrado por Jabucho. Tras o ouro conseguido hai un mes no campionato galego de novas promesas, nesta pasada fin de semana volvía subirse ao podio. Era para recoller a presea de prata no campionato galego infantil na distancia de 1.000 metros, que se disputaba o 20 de xullo en Verducido (Pontevedra).

Alí, o barquense  clasificouse en K1 para a final A, na que quedou en novena posición, e lograba ademais entrar na final A en K4, facéndose coa medalla de prata. Xunto con Raúl, nesta embarcación de equipo tamén ían Xela, Anxo, Miguel e Raúl.

Fotos: Lois Prada.

Artigos relacionados

Back to top button