DeportesÚltima hora

O piragüista barquense Sergio Ruiz, ganador en K-1 sénior da I Regata da liga provincial

Nesta competición, celebrada en Muíños o 7 de xullo, o Club Fluvial Barco sumaba outros 15 podios
O piragüista do Fluvial Barco, Sergio Ruiz./ Foto: Carlos G. Hervella.

Cun moi bo sabor de boca regresaban o 7 de xullo de Muíños os membros do Club Fluvial Barco. Colleitaban un total de 16 podios en diversas categorías: dende benxamíns ata veteranos. Sobresaía a vitoria en K-1 sénior de Sergio Ruiz Paz, que cubría o circuíto de 4.000 m no encoro do Corgo nun tempo de 0:13:10. Nesta mesma categoría o seu compañeiro no Fluvial Barco, Roberto González, facíase coa segunda posición. En sénior feminino Marta Rodríguez proclamábase subcampiona.

Ademais Carlota Díaz era segunda en K-1 benxamín, Lidia Fernández e Paula Paradelo tamén se clasificaban segundas en alevín B e alevín A, respectivamente; mentres que Xiana Fernández vencía en K-1 infantil A. Triunfo así mesmo para Carlos Suárez en alevín B, categoría na que Miguel Real era terceiro. En infantil B impoñíase Nicolás Díaz, sendo segundo Iker García, e en infantil A Juan José Rodríguez, seguido de Daniel Rodríguez. En K-1 cadete Joel Rodríguez entraba terceiro en meta.

Finalmente, Roberto Núñez facíase co primeiro posto en K-1 veteranos. O Fluvial Barco convertíase ademais no segundo mellor club desta primeira regata provincial, despois do Fluvial Allariz.

 

Podio xeral por equipos nesta regata provincial, onde o Fluvial Barco quedaba segundo./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button