DeportesÚltima hora

O piragüista valdeorrés Raúl Prada, ouro no galego novas promesas en K2

Nesta proba de 3.000 m, celebrada o Grove, compartía barco con David García Pazos na categoría infantil A
Raúl Prada, o terceiro pola esquerda, no podio deste campionato galego./ Foto: Lois Prada.

Despois dos bos resultados acadados o pasado ano, o piragüista valdeorrés Raúl Prada Pérez volve pisar o podio nesta tempada. Así no Campionato Galego Novas Promesas de K2, que se disputaba o 15 de xuño no Grove, o seu barco impoñíase na categoría Infantil A.

O barquense e o seu compañeiro de embarcación, David García Pazos, que compiten polo Club Piraguismo Verducido-Pontillón (Pontevedra), empregaban 14min 28″ en percorrer os 3.000 m de distancia da proba para cruzar a meta en primeira posición e facerse co ouro.

 

O K2 do padexeiro barquense, cruzando a meta no Grove./ Foto: Lois Prada.

 

Artigos relacionados

Back to top button