DeportesÚltima hora

O Pizarras Los 3 Cuñados accede directamente a 1/8 de final da Copa Galicia de fútbol sala

A competición arrancará o 24 de agosto con 31 equipos masculinos e 10 femininos
O Tres Cuñados celebrando un gol ante o Univ. Valladolid en Calabagueiros. /Foto: Carlos G. Hervella.

Un total de 41 equipos (31 na categoría masculina e 10 na feminina) participarán nesta tempada na Copa Galicia, unha competición única e especial cuxa XXIX edición arrancará o vindeiro 24 de agosto.

A sede da Real Federación Galega de Fútbol en Santiago de Compostela acollía na tarde do 18 de xullo o sorteo das datas e dos rivais da primeira eliminatoria da que quedaba exento o Pizarras los 3 Cuñados FS. O equipo de Xocas Miranda accede directamente a oitavos de final pero o resto de conxuntos galegos, entre os que están o Sala Ourense e o GRI Carballiño FS, comezarán a competición coa disputa dos 1/16 de final. O ganador dese partido, que se disputará o 24 de agosto, será o que se enfronte aos valdeorreses na seguinte fase.

Na categoría masculina son 31 os equipos (de Primeira e Segunda División da LNFS, Segunda División B, Terceira División Nacional e catro bloques de Preferente) que loitarán por facerse co título autonómico. Os encontros de oitavos de final terán lugar o 31 de agosto e os cuartos disputaranse o 7 de setembro. As datas elixidas para a celebración das semifinais son o 25 de febreiro de 2020 (ida) e o 18 de marzo (volta), mentres que a final está prevista para o mes de abril nunha data aínda por determinar.

 

Calendario da Copa Galicia 2019/2020.

No caso da competición feminina, con 10 equipos participantes, o sintema de eliminación é diferente comezando cos encontros correspondentes á fase de grupos o 24 de agosto, 31 de agosto e 7 de setembro, clasificándose para as semifinais os campións de cada grupo. O primeiro clasificado do Grupo 1 loitará por un sitio na gran final contra o primeiro clasificado do Grupo 4, mentres que os outros campións dos Grupos 2 e 3 enfrontaranse entre eles polo outro billete para a final. As semifinais disputaranse o 25 de febreiro e o 18 de marzo, mentres que a gran final tamén está prevista para o mes de abril.

Artigos relacionados

Back to top button