DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Pizarras los Tres Cuñados FS cae en casa ante o Universidad de Valladolid

Co 0-2 remataba o partido da 5ª xornada de liga en segunda nacional B, disputado no pavillón de Calabagueiros na tarde do 12 de outubro

 

Non pudo ser. Intentárono ata o último segundo pero  finalmente os rapaces de Xocas Miranda non conseguían marcar, perdendo por 0 goles a 2 ante o Universidad de Valladolid, na 5ª xornada de liga de fútbol sala en segunda nacional B.

Na tarde do 12 de setembro, festivo nacional, o Pizarras los Tres Cuñados FS saltaba á cancha no pavillón de Calabagueiros coas baixas de Javi e Bruno, e despois do empate ante o Arroyo, polo que necesitaban a vitoria como auga de maio. Os vallisoletanos pola súa banda, tamén empataran no anterior partido e a loita foi máxima, marcando xa na primeira metade do encontro. Tralo paso polo vestiario, especialmente nos últimos dez minutos os locais trataron por todos os medios de marcar, coa fórmula xogador-porteiro que lles deu varias oportunidades moi claras que non chegaban a transformar, a maioría pola intervención do porteiro. Despois dunha intensa final, o colexiado pitaba sen que os brancos lograran anotar.

Malia esta derrota, os valdeorreses non poden baixar a garda xa que o vindeiro mércores 16 de outubro, enfrontaranse ao Atlético Benavente F.S., no que será o primeiro encontro da Copa do Rey de Fútbol Sala que xogan en casa.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button