DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Pizarras Los Tres Cuñados FS golea ao colista e asegura a praza para a Copa do Rei

Cun contundente 8-3 se resolvía o penúltimo partido de liga, disputado no pavillón barquense de Calabagueiros

Obxectivo cumprido. O Pizarras Los Tres Cuñados FS xogará a vindeira edición da Copa do Rei. Son os tres primeiros clasificados na segunda nacional B os que entran na competición e o conxunto valdeorrés asegurábase unha praza trala vitoria en casa ante o Unión Arroyo, no último partido disputado en casa, no pavillón barquense de Calabagueiros.

Despois dunha excelente campaña e un breve parón na competición, na tarde do 12 os rapaces de Xocas saían ao campo diante da afección dispostos a despedir por todo ao alto a liga en casa. E vaia se o facían. O capitán, Bruno, abría o marcador e pouco despois Juanma facía o segundo, aínda que os visitantes recurtaban distancias chegando ao descanso co 2-1.

Xa na segunda metade chegaba o empate do conxunto visitante que aínda marcaría outro tanto, pero os locais foron superiores e aínda que tamén sufriron, sentenciaban o encontro con outros cinco goles: de Dilín (en tres ocasións), Javi, Juanma. Tamén houbo un do Unión en propia meta, rematando co 8-3.

Na próxima xornada, a última da tempada, os valdeorreses enfrontaranse ao Albense FS na súa propia cancha.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button