DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Pizarras Los Tres Cuñados FS imponse ao Esteo nun intenso partido

Os de Xocas vencían 7-6 no encontro da 26ª xornada de 2ªB disputado en Calabagueiros

Catro son as finais que lle quedan ao Pizarras Los Tres Cuñados FS para lograr o ansiado terceiro posto que lle dé unha praza na Copa do Rei. E despois do visto no partido de onte no pavillón de Calabagueiros, as perspectivas son moi boas.

Na tarde do 27 de abril, o equipo de Xocas Miranda enfrontábase no Barco ao Esteo FS e o resultado non pudo ser máis positivo, logrando unha importante vitoria por 7 goles a 6 que os acerca un pouco máis ao obxectivo (é cuarto empatado a puntos co terceiro, o Narón). Nun partido dos que “crea afección” segundo o propio club, marcaron para o equipo local Durán (x2), David (x2), Bencho, Bruno de penalti e Juanma.

Ademais do aplauso final polo resultado, Calabagueiros rendía ademais homenaxe aos equipos infantil e alevín do Tres Cuñados polo título de liga conseguido.

A vindeira cita do equipo branco que compite na segunda nacional B será este mércores 1 de maio en Asturias para enfrontarse ao Santiago de Sama.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button