En portadaÚltima hora

O plan de mellora e sinalización do Camiño de Inverno presentarase en febreiro

Anunciábao o conselleiro de Cultura no marco de Fitur, en Madrid

 

No mes febreiro será presentado o proxecto de sinalización do Camiño de Inverno cun orzamento de 3 millóns de euros. Este investimento permitirá mellorar o día desta ruta, que entra en Galicia pola comarca de Valdeorras, coa sinalización e impulso dun total de 175 quilómetros en 13 concellos deste itinerario “que está chamado a ocupar un papel cada vez máis destacado, pois entre outros territorios atravesa a Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio Mundial”.

Así o anunciaba o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, na xornada de apertura da Feira Internacional de Turismo (Fitur) en Madrid e na presentación da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, esta actuación completará o traballo de sinalización dos itinerarios xacobeos iniciado no 2015 e que supuxo unha inversión de 12 millóns de euros.

Román Rodríguez abordou outras actuacións neste Camiño, como o Plan de Mantemento que, por primeira vez, asigna un contrato para cada vía. No caso do Camiño de Inverno o investimento é de 1,5 millóns que serven para garantir o mantemento antes, durante e despois da celebración do Xacobeo 2021, beneficiando a veciños e peregrinos.

O Goberno galego tamén traballa en mellorar os servizos ofertados aos peregrinos nesta ruta. Neste sentido, activouse un Plan de Albergues que posibilitará a reforma do Pazo Episcopal de Diomondi para apertura dun albergue no Saviñao, así como abordar o estudo para a creación doutro albergue en Rodeiro.

Este conxunto de actuacións supón unha achega superior aos 5 millóns de euros, un impulso económico que se complementa con outras propostas como o Plan de Embelecemento que permitirá financiar más dun cento de actuacións de mellora paisaxística ao longo dos distintos Camiños de Santiago, ou o programa O teu Xacobeo, que impulsa proxectos de dinamización en toda Galicia para fomentar a participación da cidadanía.

Román Rodríguez sinalou que estas accións compleméntanse co necesario labor de das entidades implicadas co Camiño de Santiago, como a Asociación de Municipios do Camiño de Inverno que xoga un papel protagonista no impulso e difusión deste trazado.

Ruta oficial dende o 2016

O Camiño de Inverno é unhas das rutas xacobeas máis novas do Camiño de Santiago, pois foi oficializada en 2016, pero “conta cun gran futuro e unha gran proxección xa que o número de peregrinos está a evolucionar notablemente”, explicou o titular de Cultura e Turismo. Unha afirmación que corroboran os máis de 1000 peregrinos que percorreron este itinerario no pasado 2019.

Trátase dunha ruta moi atractiva na que os camiñantes poden coñecer as riquezas xeográficas de Galicia e que pasa pola Ribeira Sacra, candidata a ser declarada Patrimonio da Humanidade, e polas Médulas, unha espectacular paisaxe na provincia de León incluída xa nesta lista da Unesco. Este trazado, que percorre as catro provincias galegas, “axuda a avanzar no obxectivo da descentralización e expande o espírito xacobeo por toda Galicia”, segundo Cultura.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close