CulturaCulturaÚltima hora

O Plan de reactivación da Xunta recolle máis de 5 millóns de euros para o Xacobeo 2021

Celébrase a primeira xuntanza do grupo de traballo multidisciplinar para adaptalo ao escenario posterior á crise sanitaria

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez e a

 

Na mañá deste mércores 6 de maio celebrábase a primeira xuntanza do grupo de traballo multidisciplinar creado a instancias de Xunta de Galicia para adaptar o Xacobeo 2021 ao escenario posterior á crise sanitaria. No encontro telemático, presidido polo conselleiro de Cultura e Turismo Román Rodríguez participaron, ademais da comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, representantes de todos os colectivos implicados no feito xacobeo, como as asociacións de amigos do Camiño, a Igrexa ou a administración local ademais de expertos no ámbito económico, cultural e turístico da Comunidade.

Durante a reunión, abordáronse diferentes eixos de actuación para facer desta celebración “un motor de reactivación dos sectores cultural e turístico de toda Galicia, así como un elemento de dinamización económica, especialmente nas zonas rurais”, dixo Román. Neste sentido, o titular de Cultura e Turismo lembrou que “o Plan de reactivación aprobado a semana pasada por parte do Goberno galego recolle un investimento de máis de 5 millóns de euros para impulsar este evento como estímulo da economía e o comercio e como axente fundamental á hora de posicionar a marca Galicia”.

Artigos relacionados

Back to top button