ConcellosÚltima hora

O plan director do Xeodestino Manzaneda-Trevinca presentarase na Rúa

Ao acto, previsto para o venres 2 de xaneiro, están convidados os alcaldes dos concellos de Valdeorras e Terra de Trives
Unha das reunións do consorcio de turismo celebrada na Rúa.
Unha das reunións do consorcio de turismo celebrada na Rúa.

O venres 2 de xaneiro ás 12h. o concello da Rúa acollerá a presentación do plan director do Xeodestino Manzaneda-Trevinca que engloba aos nove concellos da comarca de Valdeorras e aos catro da de Terra de Trives.

Tal como adianta o alcalde da Rúa, Avelino García Ferradal, á presentación asistirá o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, o equipo redactor do proxecto, e a maioría dos alcaldes dos municipios que forman parte, “están convidados todos” asegura.

O Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico foi o encargado de contratar o plan, elaborado a partires das propostas feitas por cada concello. O traballo pretende aproveitar as peculiaridades culturais, gastronómicas e turísticas das dúas comarcas, incluíndo aspectos como o denominado “turismo das estrelas”, o de montaña ou o de peregrinación coa aposta polo Camiño de Inverno, entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button