Galerías de fotosOurenseÚltima hora

O plantel do Banco Pastor protesta en Ourense contra un ERE

Centos de persoas secundan a manifestación, entre eles os deputados ourensáns Davide Rodríguez (En Marea) e Noela Blanco (PSOE)

Centos de persoas saíron á rúa na tarde do 26 de outubro para apoiar ao plantel do Banco Pastor en Ourense. Segundo aseguran os principais sindicatos, a entidade bancaria traballa sobre un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que busca reducir o 25% do cadro de persoal, uns 2.900 postos de traballo, dos cales 435 serían en Galicia.

Os sindicatos CIG, CCOO, UGT e FITC convocaron a manifestación á que acudiron tanto traballadores como amigos, familiares e outros. Mesmo acudiron deputados ourensáns do parlamento galego, como a socialista Noela Blanco e Davide Rodríguez, de En Marea. Concentráronse nun primeiro momento perante a sede do Banco Pastor emprazada na rúa Xaquín Lorenzo, desprazándose logo até a Avenida da Habana e rematando noutra oficina que a entidade bancaria posúe na rúa Xoán XXIII.

Fotos: Sara Fontenla.

Artigos relacionados

Back to top button