En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O play off do CD Barco contra o SD Compostela xogarase sen público

Así o comunicou o presidente da RFGF na presentación desta fase de ascenso en Balaídos (Vigo)

 

Como se viña comentando nestes últimos días, o presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), Rafael Louzán, fixo oficial na presentación que as semifinais do play off de ascenso a 2ªB se xogarán sen público, xa que “nesta situación tan excepcional a prioridade é a saúde”. Polo tanto, o CD Barco terá que enfrontarse co SD Compostela sen o apoio dos seus seguidores nas bancadas. Sen embargo, Louzán deixou a porta aberta a que a vindeira semana se poida explorar a posibilidade de que poida haber público na final do sábado 25.

O estadio Abanca Balaídos (Vigo) acolleu esta mañá a presentación oficial da fase de ascenso, un acto no que estiveron presentes o presidente e o vicepresidente da RFGF, Rafael Louzán e Fernando Iglesias, respectivamente; o vicepresidente do RC Celta Ricardo Barros; os máximos mandatarios dos catro clubs participantes (Nilo Ramos polo CD Barco, Antonio Quinteiro pola SD Compostela, Camilo Díaz polo Ourense CF, Manolo Abalo polo Arosa SC); os catro adestradores dos equipos que se xogarán o ascenso (Manolo Pérez polo CD Barco, Yago Iglesias pola SD Compostela, Fran Justo polo Ourense CF, Rafa Sáez polo Arosa SC) e os catro capitáns (Rubén García polo Barco, Álvaro Casas pola SD Compostela, Germán polo Ourense CF, Julio Rey polo Arosa SC).

 

O presidente do CD Barco, Nilo Ramos coa camiseta conmemorativa.

 

Os presidentes das catro entidades agradeceron ao RC Celta, ao Concello de Vigo e á RFGF por “remar todos xuntos nunha mesma dirección para que esta festa do fútbol galego se poida celebrar en Vigo” e, ao mesmo tempo, admitiron estar “nerviosos nas horas previas á gran cita”.

Ademais, o vicepresidente primeiro do RC Celta, Ricardo Barros, deixou constancia deste momento histórico obsequiando aos catro clubs cunha camiseta do RC Celta co nome de cada un deles. Barros sinalou que o RC Celta está “encantado de poder colaborar co fútbol galego” e desexoulle sorte aos catro participantes.

Fotos: RFGF/RFEF.

Máis información: https://osil.info/nilo-ramos-presidente-do-cd-barco-e-unha-pena-que-non-poidan-vir-os-afeccionados/

Artigos relacionados

Back to top button