ConcellosÚltima hora

O pleno barquense acorda adherirse ao convenio para manter o GES Valdeorras

Este punto da orde do día saía adiante cos votos a favor dos concelleiros socialistas e populares e coa abstención do edil de Riada Cidadá
Un dos momentos do pleno do Barco do 10 de xaneiro./ Foto: A.R.

Na primeira sesión plenaria do 2019 celebraba pola Corporación do Barco na tarde do 10 de xaneiro dábase luz verde para que este Concello se adhira ao convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Deputación de Ourense en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais para o desenvolvemento do Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) Valdeorras nos vindeiros tres anos.

Este punto da orde do día saía adiante cos votos favorables dos grupos municipais do PSdeG-PSOE e do PP (15 en total) e coa abstención do único concelleiro de Riada Cidadá na corporación. O voceiro socialista Aurentino Alonso comentaba cales son as funcións que lles corresponden desenvolver ao GES, entre as que destacan as relacionadas coas emerxencias (nos nove concellos da comarca de Valdeorras), ademais doustras en materia de seguridade e de prevención e loita contra incendios.

Despois Alonso referíase ao financiamento necesario (272.241,3 euros) para contar con este grupo. “Un 52,5%  dese custe está en mans da Xunta, o 40% será aportado pola Deputación de Ourense e o 7,5% restante polo Concello do Barco (21.000 euros)”, concretaba.

Durante o debate deste punto o concelleiro de Riada Cidadá, Félix García, sinalaba que “basicamente este convenio o que facilita é un novo sistema de financiamento”. Aseguraba que o “GES é necesario e avogamos polo seu mantemento, pero queremos que sexa un servizo con todas as da lei” e cuxo “financiamento non estea superditado cada tres anos a asinar un convenio”.

“Este era o mellor acordo posible”, respondíalle o alcalde do Barco, Alfredo García, quen destacaba ademais que “Galicia está moito máis segura coa implantación dos GES que sen eles, o seguinte paso ten que ser que os GES se instalen definitivamente nos concellos. Dende que se fixo o parque de bombeiros na Rúa estabase pedindo que O Barco contase cun servizo emerxencias, pois ben, hai cinco anos conseguiuse o GES”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close