ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Pleno da Rúa aproba a modificación da ordenanza para regular as terrazas en vía pública

O tema foi aprobado cos fotos a favor do PsdeG-PSOE e BNG e en contra do PP

Custou máis do esperado e non foi por consenso como desexaba o alcalde pero finalmente o Concello da Rúa conta cunha ordenanza reguladora da ocupación do dominio público local con terrazas, veladores e outros elementos análogos con finalidade lucrativa.

A documento ten por obxecto “regular o réxime xurídico ao que debe someterse o aproveitamento de terreos de dominio público municipal (ou destinados a dominio público) mediante a súa ocupación temporal con terrazas, veladores e elementos auxiliares das mesmas así como expositores de outros produtos que constitúan un complemento da actividade que se vén exercendo en estabelecementos anexos abertos ao público legalizados de hostalería, librarías, ferreterías, floristerías, etc” tal como se desprende do texto que tal como esplicou o alcalde, Luis Fernández Gudiña “foi moi traballado e consensuado no máximo posible, despois de varias reunións cos sectores afectados, atendendo a todas as partes e co dictame favorable da comisión de facenda”.

O portavoz do Partido Popular, Avelino García asegurou ser consciente da “necesidade de regular o tema das terrazas pero propoñemos deixalo sobre a mesa para tratar algunhas suxerencias e modificar algún punto”, proposta que foi rexeitada alegando que “todos os temas foron tratados e recollidos polo documento”, dixo o alcalde.

A portavoz do BNG, María González pola súa banda, asegurou que “esta é unha ordenanza moi necesaria para A Rúa xa que as situación actual sobrepasa os límites”. Tamén dixo estar sorprendida do cambio de actitude xa que ata hai uns meses “todos estabamos dacordo nisto”. González Albert incidiu en que lévase tramitando cinco anos e houbo moitas reunións e “tivo moito consenso que desapareceu na última reunión cos hostaleiros, algo que nos sorprendeu”. Apuntou que houbo moitas alegacións e “practicamente todas se recolleron na ordenanza salvo a que atinxe ás estruturas metálicas e fixas”.

A modificación da ordenanza era aprobada no pleno municipal celebrado na tarde do 7 de maio cos 6 votos a favor do PSdeG-PSOE e BNG e os 5 en contra do PP. Foi o único punto da orde do día no que non houbo acordo xa que resto foi aprobado por maioría. Entre eles a modificación do artigo 4 da ordenanza I.B.I. para proceder á exención do Centro de Saúde (o primeiro paso para a súa cesión ao Servizo Galego de Saúde), ou a modificación da ordenanza da Ludoteca.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button