A RúaConcellosÚltima hora

O Pleno da Rúa retira da orde do día o punto sobre os presupostos

O Concello convocará unha sesión extraordinaria para o debate e aprobación do ditame Orzamento 2020

Pleno de novembro no Concello da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

A sesión ordinaria do mes de novembro do Pleno no Concello da Rúa prometía debate, por ser convocada quince días despois da data oficialemente preestablecida e incluír os presupostos na orde do día, pero o seu desenvolvemeto foi máis sorprendente do esperado.

Eses dous puntos xa foran criticados dende o BNG que votaba en contra da ratificación do cambio de data do Pleno, por consideralo improcedente. Era aprobado igualmente pero ao chegar ao terceiro punto, “aprobación do ditame do orzamento 2020”, a voceira nacionalista María G. Albert aseguaba que se non se retiraba da orde ese punto e era debatido e aprobado, ían recurrir, porque “a documentación non foi recibida en tempo e forma pola oposición ademais de estar incompleta”. Así e todo Albert tivo o seu turno de intervención, no que destacou entre outros temas a excesiva partida para Promoción Cultural ou para os Órganos de Goberno “con 16.500 euros de libre disposición, unha cantidade que cuadriplica a do ano pasado”, dixo.

 

A voceira do BNG durante a súa intervención sobre os presupostos. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Antes de rematar, a voceira do BNG volvía insistir na retirada do punto da orde do día ante o cal, o alcalde Álvaro Fernández solicitaba un receso para tomar unha decisión e finalmente decidían deixalo sobre a mesa. “A documentación que lle foi entregada á oposición ía incompleta porque faltaba o ditame dos presupostos xa que a comisión se celebrou máis tarde da convocatoria do pleno. Tampouco ía o ditame da comisión de Medio Ambiente”, asegurou o tesoureiro e secretario accidental, polo que tamén se retirou da orde o punto número 4, referente á aprobación do documento de Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES) do Concello da Rúa.

Para solucionar este tema foi convocada de urxencia para esta mañá a Comisión de Medio Ambiente, quedando pendente un Pleno extraordinario par o venres cos dous puntos a debate.

Artigos relacionados

Back to top button