ConcellosÚltima hora

O pleno de San Xoán de Río aproba o reparto de concellerías

A Corporación, que preside o independente Xosé Miguel Pérez, decidía a distribución de delegacións desta nova lexislatura
O alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez, cos seus tres concelleiros./ Foto cedida.

A distribución de delegacións do novo grupo de goberno do Concello de San Xoán de Río, que preside o independente Xosé Miguel Pérez (RIO), aprobábase no pleno celebrado na tarde do 27 de xuño, unha sesión á que tampouco asistía o concelleiro electo do PP Luis Castro, anterior alcalde.

Así o rexedor asume as áreas de Relacións Institucionais, Comunicación, Emigración, Mocidade, Turismo e Cultura. Por outra banda, Ana María Rodríguez pasa a ser a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Elías Álvarez o edil de Obras e Voluntariado e Gabino Yáñez o de Medio Rural e Desenvolvemento Sostible.

Ademais Ana María Rodríguez será a primeira tenente de alcalde e Elías Álvarez o segundo tenente de alcalde.

 

Artigos relacionados

Back to top button