PolíticaÚltima hora

O pleno vianés acorda iniciar o proceso para declarar o Entroido festa de interese turístico nacional e para patentar os seus símbolos

Así se pedía na moción presentada polo partido socialista sobre este tema e que resultaba aprobada pola Corporación vianesa
Dous Boteiros no Domingo de Entroido en Viana do Bolo./ Foto: Mónica G. Bellver.

Na sesión plenaria celebrada pola Corporación vianesa o 19 de xullo resultaba aprobada por unanimidade unha moción presentada polo concelleiro socialista Santiago Barja sobre o Entroido. Nela os socialistas instaban ao Concello de Viana a que “contacte con Turismo de Galica solicitando información detallada da documentación que se require e que se adopte por parte deste Consistorio as medidas oportunas para axilizar os trámites correspondentes”. O texto da moción tamén pedía que, “a raíz da polémica xerada polo posible plaxio dos traxes dos nosos Boteiros, solicitar ao concello os tramites necesarios para facer un rexistro de patentes dos ornamentos e símbolos do noso Entroido”.

Ademais o concelleiro socialista preguntáballe ao alcalde de Viana, Secundino Fernández, pola organización das festas patronais de Viana do mes de agosto ante a “polémica que se está xerando entre a veciñanza pola redución de días de festa e pola falta de interese por parte do Concello para organizar unhas festas dignas para a nosa vila. A resposta do alcalde foi que se negaba a pedir cartos polos bares e polas casas para organizar as festas, e eludía a súa responsabilidade na falta de iniciativa escudandose en que os hostaleiros non se queren implicar”, segundo aseguraban, a través de nota de prensa, os socialistas vianeses.

Ademais o edil socialista preguntaba sobre a colocación de “stands nos días de feira”, que “está ocasionando unha gran preocupación os veciños do Toural, que se senten afectados pola falla de rigor e normas que lle permiten os feirantes colocar os seus postos ao “seu libre albedrío”, sen que haxa ninguna autoridade municipal para establecer a ubicación dos postos”.

Artigos relacionados

Back to top button