ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O pobo de Mouruás (S. Xoán de Río) reúnese en torno a unha gran cea

Poder ver, alomenos unha vez ao ano, a todo o pobo reunido. Ese era o obxectivo co que nacía hai xa corenta anos a cea anual en Mouruás (San Xoán de Río) e que un ano máis se cumpría con creces.

Por diversos motivos, houbo algúns anos nos que non se fixo, recuperándose en 2011 tras uns anos sen poder levala a cabo e Dende ese momento “todos os anos repítese a tradición e esperemos que continúe moitos mais”, explica a actriz de Mouruás Lucía Álvarez. Así ocurría na noite do sábado 6 de agosto, cando os veciños do pobo reuníanse na praza para dar conta dunha suculenta cea na que non faltou min o churrasco nin a queimada.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button